miércoles, 10 de mayo de 2023

Quen cho ía dicir?

Hai 8 meses atrás entraches nesa clase sen saber o que ía vir consigo, sen saber que ías coñecer novo, ou mesmo completar e mellorar o que xa coñecías. Sen saber como ía a ser o entorno social ao que ías estar a punto de entrar. Tiñas un leve medo por como ti mesma ías a reaccionar ante as actividades do estudo, sen saber moi ben se ese era o teu lugar, xa que non estabas acostumada a levar a cabo esas actividades. Todo iso eran prexuízos que ti mesma te propuxeches, sen confiar no proxecto que estabas a punto de comezar. Todo ese mal que ti mesma imaxiñaches, era unha farsa xa que, a pesar dos altos e baixos, todo o que te esperaba era unha nova etapa da túa vida que che ía gustar.

Entraches nesta etapa ca axuda de coñecer a alguén de toda unha vida, pero esto ía aumentar xa que o grupo conectou e formalizouse axiña, convertendose nun equipo. Cando pares a pensalo, parecerache increible a maneira na que te soltaches ca xente, sí, ti, esa persoa que se nega a socializar con ninguén. Vamos a aceptar, que eso foi grazas a túa axuda.

En canto aos contidos, xa sabías que calquera cousa que se te ía poñer diante íbache a resultar novo xa que, prácticamente estabas comezando desde 0 neste ámbito. Pero hai que admitir, que a pesar disto, desenvolvícheste ben, ou polo menos como pudeches, intentándoo. Houbo actividades que che costaron máis ca outras e, sobre todo, nas que se notaron máis os teus avances, como por exemplo en natación, partiches sen saber nadar coma quen dice e agora polo menos eres capaz de desenvolverte dentro da auga.

Estes contidos trouxeron consigo unha gran amplitude de actividades que non esperabas, quen che ía decir a ti que rematarias esquiando en Andorra? Esa foi a túa actividade favorita, rematáchela querendo comezala de novo. Xa que esta non foi solo levar a cabo unha nova actividade, tamén foi coñecer un novo país xunto ao teu grupo, onde ías pasar grandes momentos.

Con todo isto quero demostrarche que non sempre innovar trae malas pasadas, e este é o claro exemplo. Descubriches que esto gustáche, e o mellor diso foi que o fixeches ca compañía dun gran grupo, un grupo que che axudou directa ou indirectamente a integrarte nel. Todo iso foi grazas foi á valentía de expirementar un novo ámbito do que non estabas acostumada, e que resultou gustarche máis do esperado.




Niveles de motivación en la actividad física:

  Los niveles de motivación se dividen en primarias (de forma inconsciente), secundarias  (de forma consciente) o negativas (provocadas tras...