INTRODUCIÓN:
INSTALACIÓNS E MATERIAIS:
1. A MESA E A REDE:
A superficie da mesa, que será todo o territorio de xogo (exceptuando os seus laterais), será rectangular ocupando unhas medidas de 2´74 de lonxitude e 1´525 de ancho.
Esta poderá ser de calquera material que permita o bote dunha pelota reglamentaria, pero deberá de ser dunha cor escura na súa totalidade, excepto nos bordes, que deberán estar marcados por unha franxa branca duns 2cm de ancho.
Este campo estará dividido por unha rede ocupando toda a súa metade, de forma paralela aos fondos.
En caso de xogo de parellas, o campo atoparase dividido en dúas metades por unha franxa branca dun 3mm de anchura de forma paralela aos laterais.
2.A PELOTA:
A pelota deberá de ser esférica cun diámetro de 40mm e un peso de 2´7 gr.
Esta, a súa vez, debe de ser dun material de plástico semexante á celuloide, e dunha cor branca ou laranxa mate.
3.A RAQUETA OU PÁ:
A súa folla deberá ser ríxida e plana, e o 85% desta deberá de ser de madeira natural podendo estar reforzada no seu interior cunha capa adhesiva de material fibroso ata o seu 7'5%.
Os laterais da raqueta que golpearán a pelota atoparanse cubertos dunha capa de goma de picos con estes cara fora, ou ben con goma sándwich cos picos cara ao exterior ou interior indistintamente. Este recubrimento chegará ata os límites da raqueta sen sobrepasalo.
A superficie deste recubrimento será dunha cor mate, negra por un lado e dunha cor viva diferenciada do negro e da cor da pelota polo outro.
A raqueta será mostrada aos contrincantes ao comezo do partido, ou ben cando esta sexa sustituída durante o mesmo.
REGULAMENTO:
1. O SERVIZO:
Realizarase sempre dende o lado dereito e comezará ca pelota descansando sobre a palma da man libre do servidor, para posteriormente ser lanzada hacia arriba de forma vertical uns 16 cm sen ningún tipo de efecto, e despois caer sen tocar nada e ser golpeada de forma que bote primeiro no campo pertencente ao servidor e despois no do receptor.
En dobres, o servicio levarase a cabo dende o noso campo dereito hacia o campo dereito do receptor, é dicir dunha maneira oblícua ao servidor.
O servizo realizarase de forma que o árbitro poida estar convencido de que sexa válido segundo ás regras, en caso contrario, se é a primeira vez que se da no xogo, este será detido e o servidor será avisado. En caso de que este se repita, o servizo darase como incorrecto.
A devolución será correcta cando a pelota pase a tocar o campo do oponente, xa sexa de forma directa ou tras tocar a rede, sen antes tocar o campo de quen a devolve.
3. ORDEN DE XOGO:
En individuais, o xogo comezará como servizo do servidor, seguindo ca devolución do receptor e continuando ca devolución do oponente dunha maneira sucesiva.
En dobres o xogo levarase a cabo ca seguite cadea:
O servizo do servidor - A devolución do receptor - A devolución do compañeiro do servidor - A devolución do compañeiro do receptor - A devolución do servidor... (Así de maneira sucesiva).
4. ANULACIÓNS:
Unha xogada será anulada nos seguintes casos:
- se no servizo a pelota toca a rede, sempre e cando este non sexa incorrecto e o oponente non a golpee a pelota,
- se se leva a cabo o servizo mentres os contrincantes non están preparados, sempre e cando non teñan a intención de devolvela,
- sempre e cando o fallo ao levar a cabo un servizo ou devolución sexa debido ao comportamento do xogador,
- se o arbitro interrompe o xogo debido a:
-corrección da orde,
-introdución da regra de aceleración,
-amonestación ou penalización dun xogador ou consexeiro,
-perturbacións nas zonas de xogo.
5. O TANTO:
Sempre e cando a xogada non sexa anulada, considérase tanto:
- se un oponente non realiza un servizo ou unha devolución correctos.
- se tras haber realizado un golpe, a pelota toca calquer cousa que non sexa o conxunto da rede antes de ser golpeada polo oponente,
- se a pelota pasa por riba do campo ou sobrepasa a línea de fondo sen haber tocado este anteriormente (despois de ser golpeada polo oponente),
- se a pelota, tras ser golpeada polo oponente, traspasa a rede ou pasa por entre esta e os seus postes,
- se o oponente obstrúe a pelota,
- se o oponente golpea a pelota máis dunha vez,
- se o oponente move o espazo de xogo, toca a rede ou a superficie de xogo ca man libre,
- se o oponente non segue a orde establecida.
Gañará un xogo o xogador ou equipo que consiga 11 tantos, exceptuando o caso de que empaten a 10, neste caso gañará quen obteña 2 tantos de diferenza.
Por outro lado, un partido será gañado ao mellor de calquer número impar de xogos que se estipule.
TÉCNICA:
1. AGARRES:
Empuñadura Shackehand: é a máis utilizada, e ten como vantaxe que permite xogar cas dúas caras da raqueta sen ter que variar a posición do agarre. Agarrase o mango como en tenis, deixando o dedo índice extendido sobre a folla da cara exterior.
Empuñadura Penhold Grip: é a modalidade utilizada por asiáticos en excelencia. Consiste en rodear o mango cos dedos pulgar e índice sen chegar a estar en contacto, mentres que os outros tres dedos, lixeiramente flexionados, se manteñen na superficie interior da pá.
2. GOLPEOS:
Saque de dereita: o corpo atópase lixeiramente flexionado e perpendicular á mesa, ca pelota sobre a palma da man libre e a raqueta colocada para golpear nunha altura superior a esta. O movemento debe de ser cordinado, de forma que a pelota voe cara arriba e a pá a golpee hacia abaixo e hacia diante, bucando que sobrepase a rede hacia o campo oponente.
Saque de revés: realizarase o mesmo movemento pero co corpo lixeiramente flexionado de fronte á mesa e ca pá a altura do peito.
Golpeo de dereita: o golpe se realiza ca man hábil na cara onde se atopa o pulgar no caso do agarre tradicional ou o pulgar e o índice no caso tradicional asiático. O corpo ha de atoparse ca perna de apoio retrasada e a man de golpeo hacia atrás para realizar un golpeo de hombro.
Golpeo de revés: realizase cando a pelota se recibe polo lado non hábil. A man pasará por diante do corpo e golpearase ca folla na que se atopa o dedo índice no caso do agarre tradicional, ou mesmo ca folla na que se atopan os tres dedos libres no caso do agarre de Penhold. A perna adiantada será a hábil.
A deixada: golpease a pelota dunha forma suave, deixando que esta caiga xusto despois da rede. É un golpe empregado a hora de levar a cabo unha boa táctica, xa que se realiza cando o oponente se atopa alexado á rede. Este pode ser de dereita ou de revés.
Golpeo de bote pronto: é un golpe defensivo que consta con golpear a pelota tras o bote, facendo así que o ritmo de xogo cambio e o posible efecto do golpeo realizado polo oponente se desfaga.
O liftado: é un golpe con efecto hacia adiante que produce unha aceleración na pelota tras ser golpea de de abaixo hacia arriba. Este tamén pode ser realizado de dereito ou de revés, a pesar de que este último ten a súa complexidade.
TÁCTICA:
A posición corporal básica correcta é de pé con rodillas lixeiramente dobradas e o corpo inclinado cara diante para asegurar maior velocidade e antelación ás xogadas. Os desprazamentos desta forma serán pequenos sen cruzar pernos a non ser que o xogador se atope a gran distancia da rede, a cal dependerá dos golpeos.
2. GOLPEOS E MOVEMENTOS TÁCTICOS:
Topspin, backspin e sidespin: son golpes definitivos, que levan consigo un efecto de rotación segundo a dirección da pá tras o golpeo, a cal definirá á súa vez a dirección da propia pelota.
Flip: este movemento consiste en golpear a pelota con alta intensidade preto da rede. Para unha boa realización deste, o brazo atoparase estirado e a pá situarase por debaizo da pelota, feito que necesitará unha gran velocidade, xunto ca rapidez da muñeca para que a pelota pase a rede.
Bloqueo: o receptor deixará a pá inmovil ca misión de parar a pelota xusto cando esta sobrepase a rede, sen que esta chegue a botar na nosa zona de xogo.
Deixada: anteriormente explicada, considéroa un golpe táctico debido a que buscas sorprenser ao oponente cando este se atope lonxe da rede, buscando un tanto provocado pola non chegada, debido ao cambio de ritmo producida por esta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario