O PADEL:
O pádel é un xogo de raqueta sen cordas en un campo cerrado por unhas paredes incluidas no terreno de xogo, nas cales se poderán incluir xogadas similares ao xogo de squash. É un xogo cunha puntuación, terreo, xogo e pelota similar á do tenis.
DIMENSIÓNS:
-A pista: consiste nun terreo en forma de rectángulo cunhas medidas de 10 metros de anchura e 20 metros de longo.
Componse por unha rede situada no centro do terreo e, a ambos lados dela, a 6´95 metros atópanse al líneas de servizo.
A área que compoñen as líneas de servizo vese dividida na súa metade de forma perpendicular pola línea central de saque, a cal sobreasae 20cm da anterior por ambos lados.A cor de todas estas líneas deberá de ser branca ou negra de forma que contraste ca cor do campo, e a súa anchura deberá de ser duns 5cm.
En canto a altitude das paredes que compoñen a pista, deberá ser entre uns 6 ou 8 metros nos cales non deberá de intervir ningún elemento que invada dita distancia.A parede do fondo debe de ser de 4 metros de alto mínimo, e dun material transparente ata os tres primeiros metros, sendo o outro de valla metálica.
-A rede: está composta por unha lonxitude de 10 metros e unha altitude de 88 centrímetros (medidos dende o centro, xa que nos laterais pode chegar aos 92).
Esta atópase detenida por un cable o cal, á súa vez, se atopa amarrado a dous postes laterais dunha altura máxima de 1´05 metros, ou mesmo da mesma estructura da pista.
A rede remata cunha banda branca dunha anchura de entre 5 e 6´3 centímetros, a cal suxeta o cable que mantén a rede extendida polo seu interior. Á súa vez, a rede pode levar situado publicidade sen que esta ocupe máis de 9 centímetros.
-Laterais: existen dúas variantes para dous tipos de materiais.
1. Variante 1 de parede: está formada por unha zona escalonada de paredes con unhas medidas de 3x2 a primeira parede e 2x2 a segunda, deixando cubrir os 4 metros da primeira parede con malla e, da mesma maneira o 3º metro da segunda.
|
Variante parede 1. |
2. Variante 2 de parede: igual que a primeira variante, está composta por unha zona de paredes escalonadas de 3x2 a primeira e 2x2 a segunda, pero ambas mallas chegan a cubrir os 4 metros de altura. |
Variante parede 2. |
3. Variante 1 de cristal: componse de un cristal de unhas medidas de 3x4 as cales cubren dúas redes sin ser de forma escalonada. Ademáis, complétanse os 4 metros da primeiro cristal cunha malla.
|
Variante 1. |
4. Variante 2 de cristal: da mesma forma que a 1ª variante, componse dun cristal de 3x4 sen escalón, pero a esta outra, engádeselle unha malla en ambos cristales de 1 metro. |
Variante 2. |
-Chan: 1. Deberá de ser de calquera material que permita un bo bote da pelota.
2. Deberá de ser dunha soa cor, diferente á das paredes. Soamente poderá ser de cor negra nas instalacións in-door.
3. Terá que ter unha planidade con diferencias menores a 3 milímetros.
4. En instalación non drenantes a pendiente nos poderá ser maior a un 1% hacia o interior desta.
-Accesos: atópanse situados nos laterais da instalación e no centro desta, sendo dividida pola rede. Poden ser de un ou dous acceso, con ou sen portas, e as súas medidas dependerán de esto último:
1. Con un só acceso: o oco libre medirá como mínimo 1´05x2 metros. 2. Con dous accesos: cada oco deberá medir como mínimo 0´72x2 metros.
MATERIAIS:
-A pelota: para ser aprobada pola federación deberá de seguir as seguintes características,
1.Deberá ser de goma branca ou amarela, cun diámetro de entre 6´35 e 6´77 e un peso entre 56 e 59´4 gramos. 2.Ao ser lanzada dende 2´34 metros, esta deberá rebotar entre uns 135 e 145 centímetros.
3.A súa presión deberá estar comprendida entre 4´6 e 5´2 kg por cada 2´54 metros cadrados.
-A pá: para ser aceptada pola federación constará das seguintes descripcións:
1. Estará composta por dúas partes, puño e cabeza.
O puño: será de 20cm de largo, 50mm de ancho e 50mm de groso como máximo.
A cabeza: o longo será variable sen poder superar os 45´5cm sumándolle o puño, e de 26cm de ancho e 38mm de groso como máximo.
2. A zona de golpeo pode estar aguxereada por un número ilimitado de ocos dun diámetro de entre 9 e 13 milímetros. Ademais, poderá ser lisa ou rugosa.
3. Deberá estar unida a unha corda, de 35 cm como máximo, que suxetará a muñeca co obxetivo de evitar accidentes.
4. Non poderá estar unida a ningún obxecto que non serva para evitar deterioros, vibracións e distribuir o peso, ou dalgún outro capaz de comunicar instruccións durante o
xogo.
Existen tres tipos de pás:
REGULAMENTO:
-Puntuacións: cando unha parexa anota o seu punto, obtén unha puntuación de 15, en caso de obter o segundo punto a súa puntuación sumaría 30, pasando a ser 40 no terceiro punto e obter o xogo co seguinte punto. No caso de empatar ca outra parexa na puntaxe 40, o seguinte punto sería constando de 40 pero con vantaxe ante os rivales, podendo obter o xogo.
Ao obter 6 xogos, cunha diferencia de 2, obterase o primeiro set. En caso de empate, xogarase a 7-5 xogos.
Gañará a parexa que consiga situarse ao mellor de 3 sets, é decir, a parexa que obteña dous sets.
-Tempos:
1. Existirá un peloteo de 5 minutos antes de iniciar o partido.
2.O xogo será continuo dende que se comeza o `partido.
3. O tempo entre puntos será de 20 segundos.
4. Ao terminar un set, poderase tomar un descanso de 2 minutos.
5. Existe a facilidade de 20 segundos por cambio de campo nos desempates.
6. Se un partido se suspende por razonas axenas os xogadores terán dereito a :
-Un mínimo de 5 min de suspensión antes de un peloteo
-Tras un periodo de entre 5 e 20 minutos de suspensión, haberá 3 minuros de peloteo.
-Se hay máis de 20 minutos de suspensión haberá 5 minutos de peloteo.
7. En caso de que un xogador necesite atención médica por lesión otorgaránselle 3 minutos.
8.En caso de accidente non directo do xogo, terá un tempo menor de 15 minutos para amañalo.
9.En caso de lesión sangrante o xogo será finalizado.
-Posición dos xogadores: cada parexa colocarase no seu campo, o xogador que saque, poñendo a pelota en xogo denominarase servidor, mentre qu o que a devolve, restador. A parella que recibe a pelota poderase colocar en calquera parte do seu campo.
-Elección do campo e do servizo: o cambio de saque será elexido por sorteo e quen gañe ese sorteo terá o dereito de elecir entre:
a) Sacar ou restar, sempre e cando a outra parexa elixera o campo.
b) O campo, se a outra parexa elexiu sacar ou restar.
c) Solicitar que os contrincantes elixan primeiro.
Unha vez se tome a decisión, será notificada ao árbitro.
-Cambios de campo:
1. As parellas cambian de cmapo cando o número de sets sexa impar.
2. Si se produce un error nos cambios, será notificado no momento no que sexa coñecido, sendo todos os anteriores puntos válidos.
-Saque ou servizo: en caso de que o primeiro saque sexa fallido existe un segundo saque. Para que un saque sexa aceptado deberá ser realizado tras a línea de saque, e antes de golpear a pelota, esta deberá de botar e despois ser golpeada a unha altura inferior á da cadeira. A pelota debera de pasar por encima da rede e chegar ao campo diagonal ao teu.
TÉCNICA:
A técnica verase reflexada nos tipos de golpeos levados a cabo en pádel. Destacando os seguintes:
-Derecha ou revés sen parede: é un golpe de iniciación e lévase a cabo para manter a pelota en xogo, incrementando a seguridade no golpe facéndose de forma cruzada.
-Saídas de parede: existe a parede de fonfo, parede lateral ou dobre parede. Todos eles son un golpe defensivo, xa que non existe outra facilidade de golpeo. Non é un golpe moi preciso xa que non controlamos a dirección do golpe.
-Globo: a pesar da súa complexidade, realizado correctamente convértese en un dos golpes máis ofensivos no pádel. Dependerá do acercamento á rede e da posición dos contrincantes pero considérase bo globo a aquel que chega a pisar a línea de saque contrincante.
-Volea: consiste en crear espacios libres, mantendo ao contrincante no fondo da pista. Principalmente se golpea cara ao centro, deixando libres os laterais, asegurando puntaxe.
-Remate ou Smash: é un golpe ofensivo definitivo, necesitando así unha gran precisión na súa realización. Se realiza dende gran altura, elevando a raqueta sobre a cabeza, cunha dirección proxima a rede.
TÁCTICA:
En pádel como en outros xogos de raqueta, a táctica de xogo concéntrase na posición dos xogadores, véndose dunha forma defensiva, ou mensmo, nunha ofensiva.
BIBLIOGRAFÍA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario